Somos conscientes da dificultade que supón asistir, en pleno verano, ós obradoiros que che propoñemos. Por eso queremos recoñecer e premiar o teu esforzo. Para elo temos creado o pasaporte do programa, que se entregará no primeiro evento (día 6 de xullo, Intelixencia Emocional ) e deberás selar cada vez que asistas a calquera dos cinco obradoiros. Aquelas personas que más selos acumulen poderán optar a un premio final, que se entregará no acto de peche do día 17 de setembro. Haberá tres premios diferentes:

  • PREMIO OURO: entrarán no sorteo quenes asistan a 5 obradoiros
  • PREMIO PRATA: entrarán no sorteo quenes asistan a 4 obradoiros
  • PREMIO BRONCE: entrarán no sorteo quenes asistan a 3 obradoiros

Neste espazo irémosvos anunciando en qué consiste cada un deles. ¡¡¡BOA SORTE!!!!

Ah!!!!! Recorda que xa podes inscribirte nas xornadas que che interese:

 

EMPRESAS COLABORADORAS

Laura Di Prospero

Fotógrafa especializada en persoas e familiar, ofrece unha sesión de fotos a sortear entre os asistentes que presenten o pasaporte con máis de 3 selos. ¡¡Grazas, Laura!! 🙂

Captura de pantalla 2017-07-05 a las 22.31.17

Espectacular casa de turismo recién inaugurada en A Cañiza. O seu xerente obsequia cun fin de semana (vernes, sábado) para dúas persoas a sortear entre aqueles asistentes que presenten o pasaporte con máis de 3 selos. ¡¡Moitas grazas, Bruno!!

  • web:

Captura de pantalla 2017-07-05 a las 22.31.23

Somos unha micro-fábrica de cervexa galega que facemos cervexas con carácter, únicas e auténticas. A nosa adega está situada na casa familiar no val do río Tea (Padrons, Ponteareas, Pontevedra) nun entorno rural  no que integramos a elaboración artesá coa ilusión de facer un proxecto sostible na nosa orixe, e queremos obsequiar a todolos participantes que presenten o pasaporte  cunha mostra da nova mellor cervexa, para que poidades disfrutar dun sabor auténtico e orixinal.

Captura de pantalla 2017-07-05 a las 22.51.43

Adega nacida a finales do ano 2003 no Concello de As Neves co nome de Bodega Coto Redondo e que aspira a poñer en valor as variedades da zona a través da marca Señorío de Rubiós. Desde esta Adega queremos agradecer ás persoas da comarca o seu interés en seguir aprendendo e para elo vamos a obsequiar a todos os asistentes ó programa do GDR que presenten o pasaporte cunha botella do noso mellor viño.

Captura de pantalla 2017-07-07 a las 0.00.54.png

Representante de prestixiosas marcas do sector alimentación, ofrece ós participantes nos eventos mostras dos refrescos de Cola de Mondariz; unha excelente oportunidade para probar productos da terra que xurdiron con vocación global. Moitas grazas, Jesús Taboas 🙂