No rural sí se pode

Retomamos as actividades despóis da parada veraniega cun evento sobre emprendemento nos entornos ruráis no que contamos ca presencia de tres emprededores da comarca e unha invitada que se desprazou dende Vilagarcía. O obxectivo era coñecer os pormenores destas iniciativas (cómo xurdeu a idea, que dificultades atoparon no seu desenvolvemento, cáles son as claves do resultado que están obtendo, qué é o máis satisfactorio de emprender, etc,), e sacar conclusións sobre as cousas que funcionan ben e aquelas outras que hai que vixiar con detalle. Resumimos primeiramente os detalles destes catro proxectos, e posteriormente detallamos algunhas das conclusións sacadas, agradecendo antes de nada ó Alcalde do Concello de Mondariz (Xose Carlos Bugarín “Carlis”) as facilidades prestadas para o desenrolo da actividade (excelente dotación técnica nas instalacións) e a sua presencia en todo o acto.

PONTEBIO: “tu tienda más sana”

Pontebio é unha iniciativa proposta por tres emprendedoras (Lourdes, Toñi e Mariló) para comercializar productos galegos “de aldea” dende o máis estricto coidado da terra, das sementes, e de todo o proceso ata a chegada á tenda. Encaixa na tendencia a facer unha agricultura ecolóxica e do culto a alimentación máis sana, e aquí reside a clave da rápida introducción dos seus productos en pequenas tendas de Ponteareas, en primeiro lugar, de Vigo a continuación, e do resto da provincia finalmente. Os plans de crecemento a curto plazo pasan por potenciar a venda online, ampliar a zona de influencia ó resto de Galicia, e dar o salto a España. Info: Pontebio

CONCLUSIÓNS.- trátase dun proxecto moi simple como idea (comercializar hortalizas, froitas… de alto valor ecolóxico), pero cunha excelente execución que explica a rápida introducción en tendas onde xa había alternativas similares. A excelencia do proceso productivo e a atención totalmente personalizada en toda a cadena de valor (tanto intermediarios como consumidores finais) acabaron sendo moi ven valoradas no mercado e favorecendo o arranque da iniciativa. No plano pesoal, un minuto de charla con calqueira das promotoras é suficiente para darse conta da pasión que poñen no seu traballo: falan das prantas co mesmo cariño como outros falamos das nosas queridas mascotas, por exemplo. Este tipo de cousas, si é capaz de transmitirse ó consumidor, provoca grande seguridade na calidade dos productos e fideliza á xente cas empresas. Probablemente esto é o que está sucedendo e dende aquí auguramos moito éxito a esta iniciativa sempre que manteñan esta esencia. Como reto de futuro, deben marcarse o obxectivo de posicionar rápido a marca Pontebío no mercado, porque é de supoñer que en corto espacio de tempo seguirán aparecendo novas marcas de agricultura ecolóxica (é unha tendencia, como decíamos) e un bó posicionamento de marca será o que as protexa frente ós novos competidores, os cais serán considerados polos consumidores como “copias”.

GALICIAN BREW · Cervexa Curuxa

Galician Brew é unha marca que elabora cervexas artesanas, sendo Curuxa o primeiro nome comercial que sacaron ó mercado. Dentro botella que se lle presenta ó consumidor hai encerrado moito “arte” e coidado na elaboración, que vai dende a selección de todolos compoñentes como o exquisito coidado do proceso de fabricación e presentación do producto. Trátase dunha iniciativa que arranca de dúas pasións (a cociña e o gusto pola cervexa) e que concilian na elaboración dunha marca propia ó gusto e medida da emprendedora, que polo que se ve, tamén coincide co gusto de miles de consumidores. Deste xeito, pouco a pouco, partindo dunha elaboración caseira cos aparellos “de andar por casa”, o volumen de producción foi medrando e con él as necesidades de infraestructuras de todo tipo: espazo físico, fermentadores, embotelladoras… Casi sen darse conta, en menos de dous anos esta pequena industria cerveceira local, nacida da man dunha única promotora, foi acadando espazo na hostelería galega, en tendas gourmet e xa está introducida nunha das cadeas de distribución alimentaria a nivel nacional e negociando con varias máis. Unha excelente traxectoria, máxime tendo en conta que a promotora da idea comenzóu dende o máis profundo descoñecemento do sector e do proceso elaborativo, poñendo pasión e esforzo no aprendizaxe hasta convertir en realidade un soño persoal. Info: Galician Brew

CONCLUSIÓNS.- Isabel, a promotora desta iniciativa, é todo un exemplo dun emprendedor “feito” dende cero. Con humildade, recoñecendo ás suas carencias e poñendo tesón e esforzo en solucionalas, logróu convertirse en toda unha experta en elaboración de cervexas artesanáis que xa pensa en dar un paso máis: crear unha variante 100% galega, é decir, con tódolos compoñentes aportados dende a nosa terra. Ela mesma recoñece que unha das claves do seu éxito está na materia prima, en concreto na auga tan pura da súa zona, pero nos atopamos ademáis otra clave moi ben manexada: a estratexia comercial de posicionamento. Neste ámbito incluímos o acerto nos nomes elexidos (“miña terra galega”, “curuxa”…) que evocan emocións e se vinculan a productos galegos de calidade, confiar en expertos o diseño dos logotipos comerciáis, e facer labores de promoción a través de actividades deportivas (patrocinio de equipos) e culturáis que aportan grande visibilidade á marca e facilitan o seu recordo. Escoitada a sua traxectoria, non deixa de sorprender que todo esto o lograra unha única persoa en menos de dous anos, o que evidencia que o éxito de calquer iniciativa emprendedora radica nas destrezas persoáis que sexamos capaces de desenrolar e non tanto en vir dotado “de serie” de capacidades de emprendimento. Noraboa, Isabel. 🙂

Escola da Natureza A GORRIONA

Ubicada nunha pequena aldea do Concello de Ponteareas, Miguel, o seu promotor, quixo ofrecer un modo de educación diferente ó habitual e especialmente pensado para nenos con dificultades sensoriales ou afectivas. Xa lle viña “nos xenes”, posto que a súa formación como maestro era indicativa dunha pasión por axudar ó desenrolo das capacidades dos nenos que él levou ó punto de volcarse en quenes máis o necesitan. Para darlle forma á sua idea rehabilitou unha vella casa familiar coidando que todo o que se fixera nela estivera orientado ó obxectivo final que se perseguía: crear un entorno de aprendizaxe de alto valor, diferencial e motivador. Miguel remarcóu en todo momento unha palabra clave para o éxito dos negocios en xeral e do seu en particular: especialización.

Nesta Aula da Natureza a interacción ca paisaxe, cos animáis e cos propios participantes é clave para o aprendizaxe, que polo que se ve nas fotografía aportadas na sesión, vai totalmente vinculado ó concepto de diversión. Miguel recoñecéu o longo periodo de maduración e tramitación que tivo que atravesar a súa idea, debido en parte á complexidade administrativa propia deste país pero tamén ó desexo persoal de construir unha infraestructura específicamente adaptada ós fins pedagóxicos que estaban no trasfondo do proxecto. Novamente atopamos un elemento conector de todolos proxectos presentados: o mimo por crear un producto/servicio excelente, diferencial e de alto valor para os usuarios. Máis info: escola gorriona

CONCLUSIÓNS.- a iniciativa de Miguel transmite os valores seus valores persoais dende o primeiro instante, e permite descubrir que detrás do emprendemento hai motivacións que van máis alá das de xerar un modo de vida propio: aportar valor á sociedade (os rapaces con dificultades neste caso, e por extensión, ás súas familias). Isto é o que verdadeiramente lle da sentido ós proxectos, porque o agradecemento que se recibe por parte de quen recibe este tipo de servizos tan especíais, compensa con creces todos os baches e sinsabores que un atopa no proceso de poñer en marcha unha idea. Estou convencido que todos os que tivemos oportunidade de escoitar a Miguel nesta xornada estamos tremendamente agradecidos de que nunha sociedade que tende á estandarización e á mediocridade, aparezcan persoas coma él, cunha visión diferente das cousas e cunha clara vocación de servicio, que nos fan ver que os valores importan moito e que as persoas con dificultades teñen posibilidades de chegar moi lonxe a pouco que lles prestemos a atención particular que precisan. Noraboa !!!!

Dalle que Dalle Coworking

Dende Vilagarcía de Aorusa se desprazóu Raquel Argibay, unha das socias de Dalle que Dalle coworking para falar da súa iniciativa e da experiencia que teñen acumulado no afloramento e xestión de iniciativas emprendedoras. De feito, este espazo de coworking está aparecendo nos medios de prensa con moita frecuencia nas últimas datas tanto polos premios que veñen acadando no eido do cooperativimos e ensalzamento de valores sociáis, como polos éxitos dos proyectos madurados nas súas instalacions.

Dalle que Dalle foi unha idea atrevida para a súa comarca, porque consistía en trasladar a entornos dunha cidade de tamaño medio unha iniciativa empresarial que estaba funcionando nas grandes cidades. Este cambio de entorno provoca choques culturáis e de entendemento que non sempre se superan, e de feito, no arranque as oficinas non acadaron o nivel que ocupación que se esperaba. Foi esta continxencia o que puxo a proba as capacidades das emprendedoras, que despóis dun analise moi acertado das causas da lenta evolución, decidiron que si os clientes non chegaban á empresa, tería que ser a empresa a que fora en busca dos clientes. Desde xeito, Dalle que Dalle abordou un proceso de reinvención que a levou de ser “reactivos” (esperar clientes) a ser totalmente “proactivos” no relanzamento do texido empresarial da comarca, xerando oportunidades de emprendemento e convertindo a Dalle que Dalle no punto xerador de actividades e sinerxias. Foi así como xurdíu a iniciativa EmprendeVGA, que presentaron ó Concello e que hoxe está sendo moi ben recoñecida dende fora polos éxitos acadados (máis de 100 iniciativas emprendedoras xestionadas), sendo un referente a nivel de comunidade e inspirando a outras iniciativas similares. Info: Dalle que Dalle

CONCLUSIONS.- Con Dalle que Dalle temos un exemplo moi claro dun dos conceptos que manexamos na actualidades na creación de negocios: a “pivotación”. Cando un proxecto arranca sempre hai un fin na mente dos seus promotores, pero cando se abren as portas e comenzan a ser os clientes os que deben valorar o acerto da iniciativa, pode suceder que non se alcancen os hitos previstos. Nese caso hai dúas posibilidades: ou pechar a persiana e intentar outra cousa diferente, ou redirixir a idea conforme ás novas continxencias. É aquí en donde un emprendedor amosa se ten raíces ou se trata dun emprendedor “ocasional”. As promotoras de Dalle que Dalle souberon facer un bó analise e plantexar un cambio estratéxico moi acertado, razón pola cal actualmente están acadando os premios mencionados e sendo un referente de bon facer. As súas instalacións convertíronse nun punto neurálxico de actividade emprendedora, con constantes actividades que conectan empresas con traballadores, dota de competencias a potenciais emprendedores, e potencian as sinerxias entre ideas orientadas hacia un mesmo tipo de cliente. Se algún día, na distancia, podemos analizar o antes e o despóis da aparición de Dalle que Dalle, darémonos conta da importancia que esta iniciativa está tendo no desenrolo de texido empresarial para a comarca, xerando modos de vida para as familias promotoras e de todas aquelas outras que se agregan cando as empresas crecen e dan entrada a novo persoal. Noraboa tamén !!!!


O EVENTO EN IMAXES

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s