Obradoiro Marketing e vendas

Nesta ocasión tocou falar dunha das áreas máis importantes de calquer negocio: as vendas. Xa poderemos ter o mellor producto ou negocio do mundo, que si non somos capaces de que o cliente coñeza eso, ¡¡temos os días contados!! Para ter unha primeira aproximación a este fascinante mundo da comunicación comercial, o día 20 de xullo, no salón de plenos do Concello de Salvaterra de Miño, contamos ca presencia de Chío Infante, que se achegou dende Ferrol para falar de marketing e vendas. O Alcalde da localidade, D. Arturo Grandal Vaqueiro, deu a benvida ós casi medio centenar de asistentes e felicitou ó GDR Condado Paradanta pola iniciativa.

Xa dentro do contido, a primeira mensaxe que quixo deixar clara Chío foi que a comunicación comercial hai que adaptala ó noso interlocutor; non podemos ir pola vida contando as mesmas cousas a todo o mundo, porque cada persoa ten ás súas inquietudes, preocupacións, necesidades, e polo tanto, as súas razóns de compra. É importantísimo saber a qué publico nos diriximos e facerlle propostas o máis axeitadas posible, se queremos que esas comunicación se traduzca en interés polos nosos productos.

Outro aspecto relevante é a imaxe que transmitimos con cada elemento que conforma a comunicación comercial; todo fala, e a linguaxe non verbal dos elementos que utilizamos é captada polos nosos sentidos e conforma unha identidade na mente do cliente. A elección dos colores (negro transmite calidade, laranxa se queremos transmitir entusiasmo, azúis se queremos transmitir paz ou serenidade, branco para transmitir innovación ou tecnoloxía…), a elección da tipografía, as formas, os tamaños, as fotografías, os olores, os sonidos… todo eso ben elexido ten un impacto moi grande no noso interlocutor e pode facer despertar emocións, razón previa á acción de compra.

E por destacar unha terceira lección desta charla, remarcar a importancia de comunicar en términos de beneficios, non de características. Os productos teñen unhas propiedades grazas as cales, se logra que o cliente obteña unhos certos beneficios. Son os beneficios percibidos o que move á compra, e por eso é moi importante explicar qué te levas de ventaxa se compras os meus productos e non deixar que sexa o cliente o que deduzca eses beneficios das características que lle estamos contando.

O mundo comercial é moi apaixoante porque si somos capaces de manexar adecuadamente os estímulos que emitimos, lograremos promover no noso interlocutor a acción que nos interesa. Era imposible entrar en moito detalle en tres horas de taller, pero confiamos que estas sinxelas indicacións sirvan para que reflexionedes sobre a orientación que lle tedes que dar á vosa comunicación comercial e esperamos que podamos poñer en práctica algunha destos principios tan elementáis.


DIAPOSITIVAS MANEXADAS NO EVENTO


O EVENTO EN IMAXES

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s