Obradoiro Xeración de ideas

Unha JAM Sessión é unha reunión de músicos que non se coñecen de nada pero que se xuntan, cada un có seu instrumento, para crear música nova e pasar un rato divertido. Hai xa uns cantos anos que esta modalidade de construir de modo colaborativo trasladouse ás empresas, creando unha variedade que se chama JAM de creatividade e que ten por obxectivo lograr que as persoas rompan os bloqueos mentais que impiden a xeración de ideas e, polo tanto, a innovación dentro das organizacións.

Este mércores 12 de xuño, da man de Diego Parajó Naviero, tivemos a oportunidade de recrear una “mini-JAM” cos participantes na xornada proposta polo GDR dentro do seu programa de capacitación profesional para emprendedores. O evento celebrouse en Salceda de Caselas e reuneu a casi medio centenar de persoas no centro “O Torrón”. O Alcade de localidade, Marcos Besada, abreu no acto dando a benvida ós participantes e agradecendo a iniciativa ó GDR. É salientable que estivo nas instalacións durante toda a duración do acto, mostrando así un gran interés e apoio á iniciativa.

En canto ó contido do acto, Diego Parajó demostrou as súas dotes de dinamizador de eventos, fomentando a interacción entre os participantes e logrando o obxectivo fixado: que a xente comprendera que as limitacións que temos á hora de crear ideas se deben a bloqueos mentáis que nos mesmos nos “auto-impoñemos” por culpa das nosas creencias limitantes, e a pouco que aprendamos técnicas para romper esos frenos e abrir a mente, as ideas volven a fluir con forza. As fotos que se mostran máis abaixo evidencian o interesante e divertido que resultou a xornada. Moitísimas grazas a todos os que estivéchedes con nos 🙂


DIAPOSITIVAS MANEXADAS NO EVENTO


O EVENTO EN IMAXES

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s