Como construir un proxecto apaixoante


Na tarde do 4 de xullo celebrouse no Auditorio Casa da Cultura de A Cañiza o primeiro evento do programa de capacitación profesional para emprendedores promovido polo GDR Condado Paradanta. Tratouse do parladoiro titulado “cómo construir un proxecto apaixoante” e impartido por Fernando Sánchez Salinero “superpyme”, que contou ca presencia duns 70 asistentes e diversas autoridades, entre as que estuvo o Alcalde de A Cañiza e presidente do GDR Condado Paradanta, Miguel Adolfo Domínguez Alonso.

Durante unha hora e media Fernando Sánchez Salinero disertou sobre as razóns que diferencian un proxecto empresarial exitoso dos restantes, poñendo énfasis na importancia de dotalos de diferenciación e potenciar os valores intrínsecos que toda persoa leva dentro, creando así unha “marca profesional” recoñecida e valorada polos clientes. Os asistentes poideron disfrutar dunha conferencia de alto nivel que non é doado atopar en entornos fora das grandes cidades, cun ponente que destaca na sua faceta escritora (catro libros publicados e dous máis en camiño) e contertulio en canles de TV nacionais. Todo un luxo gracias á iniciativa do GDR Condado Paradanta.


Cronograma

  • Benvida por parte de Miguel Adolfo Domínguez Alfonso, Alcalde de A Cañiza e Presidente do GDR Condado Paradanta
  • Presentación do ponente por parte de Roberto Pérez Marijuán
  • Parladoiro de Fernando Sánchez Salinero
  • Presentación do programa de capacitación profesional para emprendedores por parte de Juan José Romero Crusat
  • Agradecemento ós asistentes por parte de Paco González, Xerente do GRD Condado Paradanta
  • Foto de peche

ASÍ O CONTOU A PRENSA


O EVENTO EN IMAXES

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s